Eliminar a túa conta de Doa
Doa é unha app de Andrés Lara Mesa. Podes eliminar a túa conta e os datos asociados desde a propia app ou, se xa non a tes instalada, escribíndonos.
Desde a app
- Abre Doa e vai a Perfil.
- Toca «Eliminar conta».
- Escribe ELIMINAR e confirma. A conta e os datos elimínanse nese momento.
Sen a app
Escríbenos a info@doaapp.es desde o enderezo co que iniciaches sesión, co asunto «Eliminar a miña conta». Non tes que explicar o motivo.
info@doaapp.esSe iniciaches sesión con Apple e escolliches ocultar o teu correo, o enderezo que temos é o de reenvío de Apple. Atópalo nos axustes da túa conta de Apple, en «Iniciar sesión con Apple».
Despois, retira o acceso de Doa desde a túa conta de Apple ou de Google.
Confirmarémoscho e eliminaremos a conta nun prazo máximo de 30 días.
Que se elimina
- A conta: nome, correo electrónico e foto de perfil.
- Os datos de saúde do perfil: grupo sanguíneo, sexo, peso e data de nacemento.
- O historial de doazóns.
- O historial de tests rápidos.
- Os lugares favoritos, os enderezos e os contactos de emerxencia.
- O perfil de analítica de uso, se o aceptaras.
Que se conserva, e durante canto tempo
Rexistros técnicos das consultas ao asistente (tipo, duración e resultado), sen o que escribiches.
Quedan sen ningunha ligazón contigo: a ligazón desaparece ao eliminar a conta e, en calquera caso, aos 30 días.
Informes de erros da app. Non levan o teu nome, correo nin datos de saúde; só se a eliminación falla, levan o identificador da conta para poder completala.
Bórranse sós aos 30 días.
Borrar só parte dos datos
Sen eliminar a conta, podes borrar doazóns concretas desde o teu historial. Os tests rápidos non se borran un a un: o historial elimínase coa conta.