Podes doar sangue hoxe?
Doa fai unhas poucas preguntas antes de que saias da casa e amósache onde doar en Galicia, tamén nas unidades móbiles que cambian de lugar cada día.
Que fai Doa
Un test rápido antes de ir
Catro preguntas sobre saúde, medicación, viaxes e relacións. É un filtro para aforrarche unha viaxe, non unha decisión médica: no centro volverán preguntarche todo.
Onde doar hoxe
Os centros fixos e as unidades móbiles da ADOS nun mesmo mapa, cos seus horarios. Garda os lugares aos que vas sempre.
As túas doazóns
Apunta cando doaches e Doa dícheche canto falta para que poidas volver facelo.
Descarga Doa
Pronto na App Store e en Google Play.
Para usar Doa inicias sesión con Apple ou con Google.