Política de privacidade
Última actualización: 1 outubro 2026
Esta Política de privacidade describe como se recollen, utilizan e protexen os datos persoais dos usuarios da aplicación de rexistro de doazón de sangue (en diante, a "Aplicación"). O uso da Aplicación implica a aceptación desta Política de privacidade.
1. Responsable do tratamento de datos
A persoa responsable do tratamento de datos persoais é:
- Responsable: Andrés Lara Mesa
- Correo de contacto: info@doaapp.es
2. Datos persoais recollidos
A App trata datos relativos á túa saúde, que o Regulamento xeral de protección de datos (artigo 9) considera unha categoría especial. Só os trata co teu consentimento, segundo o apartado 4, e para as finalidades do apartado 3.
Estes son os datos que recolle a App:
- Da túa conta de Apple ou Google: o teu nome e o teu correo electrónico.
- Os que introduces no teu perfil: nome, apelidos, data de nacemento, sexo biolóxico, grupo sanguíneo, peso e, se queres, unha foto.
- As datas das doazóns que rexistras.
- Do test rápido: se o superaches e, se non, que bloque de preguntas o detivo (estado de saúde, medicamentos, viaxes ou prácticas sexuais de risco). As túas respostas, unha por unha, non se gardan.
- Os medicamentos e países que escribes no test rápido, que se envían aos provedores do apartado 6 para comprobalos, sen o teu nome nin a túa conta.
- Os teus puntos de doazón favoritos.
- Informes de fallos e, só se os aceptas, datos de uso da App.
Todos os datos facilítalos ti de forma voluntaria.
3. Finalidade do tratamento
Os datos persoais trátanse coas seguintes finalidades:
- Xestionar o rexistro de usuario na App.
- Facilitar o seguimento persoal das doazóns de sangue.
- Enviar recordatorios ou comunicacións relacionadas coa doazón (se procede).
- Mellorar o funcionamento e a experiencia de usuario da App.
En ningún caso os datos se utilizarán con fins médicos, de diagnóstico ou de investigación clínica.
4. Base xurídica do tratamento
A base xurídica depende de para que se traten os datos:
- A túa conta, o que gardas nela e o test rápido: o teu consentimento, que dás ao introducir eses datos. O test é opcional e o resto da App funciona sen el.
- Datos de uso: o teu consentimento, que se pide por separado e que podes retirar cando queiras en Configuración › Privacidade e datos.
- Informes de fallos e datos de instalación e actualización da App: o noso interese lexítimo en que a App funcione e sexa segura. Podes opoñerte escribíndonos ao correo electrónico do apartado 1.
- Comunicar datos cando unha norma nos obrigue: obriga legal.
Podes retirar o teu consentimento en calquera momento, sen que isto afecte á licitude do tratamento anterior.
5. Conservación de datos
Conservamos os teus datos durante estes prazos:
- A túa conta e todo o que gardas nela: mentres a manteñas. Se a eliminas desde a App (Perfil › Eliminar conta), bórrase nese momento; se o pides por correo electrónico, nun máximo de 30 días.
- O rexistro técnico de cada comprobación do test rápido: desvincúlase da túa conta aos 30 días.
- Informes de fallos (Sentry): bórranse aos 30 días.
- Datos de uso (PostHog): bórranse cando eliminas a túa conta e, se non, ao cabo dun ano.
Podes pedir a eliminación dos teus datos en calquera momento.
6. Divulgación de datos a terceiros
Non vendemos os teus datos nin llos cedemos a terceiros para os seus propios fins. Para funcionar, a App apóiase nestes provedores:
- Supabase: aloxa a túa conta e todo o que introduces na App.
- Sentry: recibe os informes de fallos, sen o teu enderezo IP e sen os datos da túa conta.
- PostHog: recibe os datos de uso, e só se os aceptaches.
- Expo: distribúe a App e as súas actualizacións.
- CIMA, o buscador público de medicamentos da AEMPS, que o teu dispositivo consulta durante o test rápido.
- Provedores de intelixencia artificial (Anthropic, OpenAI, Google, Groq e Cerebras): resolven as comprobacións do test rápido. Reciben o medicamento ou o país, nunca o teu nome, o teu correo nin a túa conta.
- Apple e Google: verifican a túa identidade se inicias sesión con eles.
- Google Maps: debuxa o mapa.
Sentry e PostHog tratan os datos na Unión Europea; Expo e os provedores de intelixencia artificial, fóra do Espazo Económico Europeo. A base xurídica de cada uso é a do apartado 4.
Fóra desta lista, só comunicaremos os teus datos cando unha norma nos obrigue.
7. Seguridade dos datos
O responsable do tratamento deberá adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e confidencialidade dos datos persoais, previndo a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
8. Dereitos do usuario
O usuario poderá exercer en calquera momento os seguintes dereitos:
- Acceso aos seus datos persoais.
- Rectificación de datos inexactos.
- Supresión dos seus datos.
- Limitación do tratamento.
- Oposición ao tratamento.
- Portabilidade dos datos.
Para exercer estes dereitos, o usuario poderá contactar connosco na dirección de correo electrónica indicada na sección 1.
9. Cambios na política de privacidade
O responsable do tratamento resérvase o dereito de modificar esta Política de privacidade para adaptala á nova lexislación ou aos cambios na aplicación. No caso de cambios significativos, informarase ao usuario.
10. Contacto
Se tes algunha dúbida sobre esta Política de privacidade ou o tratamento dos teus datos, podes contactar connosco en:
- Correo electrónico: info@doaapp.es
11. Localización
Se dás permiso, a App le a localización do teu dispositivo para centrar o mapa nos puntos de doazón que tes preto. Esa localización úsase no momento e non se garda nin se envía aos nosos servidores nin á nosa base de datos. Podes negar o permiso ou retiralo nos axustes do sistema: o mapa segue a funcionar e amosa toda Galicia.
12. Orixe dos datos dos puntos de doazón
Os puntos de doazón de Galicia e o calendario das unidades móbiles que amosa a App obtéñense da información pública do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a través da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en ados.sergas.gal. Reutilizámola segundo as condicións de reutilización da Xunta de Galicia.
Doa non está vinculada ao SERGAS nin á Xunta de Galicia, que non patrocinan nin avalan a App.
Este sitio web
Este sitio non usa cookies e non carga nada doutros dominios. Vercel, o provedor que o aloxa, rexistra os enderezos IP e as páxinas solicitadas para poder servir o sitio e protexelo de abusos. Tamén usamos Vercel Web Analytics para contar as visitas: non garda nada no teu dispositivo nin te identifica, e só rexistra a páxina visitada, a web da que vés, o país, o navegador, o sistema operativo e o tipo de dispositivo. Facémolo polo noso interese lexítimo en saber como se usa o sitio, e podes opoñerte escribíndonos.